martes, 18 de noviembre de 2014
martes, 11 de noviembre de 2014
24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. En memoria de MARÍA PORTO PUENTE
A Biblioteca
“Xosé Neira Vilas” do CEIP do Foxo celebra o Día Internacional das Bibliotecas
Escolares , compartindo este día co Conselleiro de Cultura e Educación, D.
Xesús Vázquez Abad.
Esta celebración foi
dedicada á memoria imperecedeira da que foi mestra, coordinadora da Biblioteca
e xefa de estudos do Centro, María Porto Puente.
Rosalía
Morlán escribíu: E hoxe (e por sempre) no teu Xardín da Poesía haberá colgados
feixes de bicos para ti.
BENVIDA E ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DE ED. INFANTIL
Para facer
posible ese desexo, os alumnos máis pequeniños deste cole elaboraron feixes de
bicos con multitude de sabores, cun montón de desexos, en definitiva con moito
sentimento.
O Conselleiro de
Educación e Cultura e as autoridades presente
s neste acto visitan as obras de
ampliación da Biblioteca Escolar Xosé
Neira Vilas e tamén a Pinacoteca Paco Lareo.
D. Xesús Vázquez Abad fai entrega dun kamishibai e dun lote de libros para a
Biblioteca.
ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DE 1º CICLO E 2º CICLO
Continúase
coa homenaxe a María coa intervención dos nenos e nenas deste cole
mandándolle bicos de multitude de sabores e adicándolle poemas.ACTUACIÓN DOS ALUMNOS DE 3º CICLO
PRESENTACIÓN DO POEMARIO O CASTELO DA ROCHA FORTE de ROSALÍA MORLÁN e actuación do cantautor MANOELE DE FELISA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)